Culmina o Camiño pola Vía da Prata promovido pola Deputación a través do Inorde

Os peregrinos que fixeron o Camino Xacobeo a través da Vía da Prata, grazas á iniciativa posta en marcha pola Deputación a través do Inorde, chegaron hoxe a Santiago e acadaron a súa “Compostela”, logo de percorrer os 100 quilómetros desde a cidade en etapas que discorreron os últimos 5 domingos.