Comunicado de Deputación e Concello de Ourense ante a asemblea do COB

En relación á asemblea do Club Ourense Baloncesto que se celebrará a próxima semana, o Concello de Ourense e a Deputación queremos manifestar o seguinte:

Como accionistas do Club Ourense Baloncesto desexamos expresar o noso total rexeitamento á xestión e manifestacións realizadas polo maior accionista da entidade, D. Pedro Fernández, en representación de Wills & Laws Gestión Internacional de Herencias S.L.

Por iso consideramos procedente apoiar a un Consello de Administración constituído por persoas de Ourense, co firme propósito de manter ao club como un referente do baloncesto nacional, representando con dignidade a nosa cidade e provincia.