César Fernández participa na entrega de premios do Trofeo Deputación da Clase Optimist que tivo lugar en Castrelo de Miño

O vicepresidente segundo do goberno provincial e deputado de Deportes recalcou na cerimonia de galardóns o papel dinamizador que exercen este tipo de probas deportivas no rural da provincia de Ourense.

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado provincial de Deportes, César Fernández, participou hoxe, en Castrelo de Miño, na cerimonia de entrega de premios do Trofeo Deputación de Ourense da Clase Optimist Gran Premio Aceites Abril, que pechou a Versión Galicia Interior da Semana Abanca. Tras dúas xornadas espectaculares, nas que a pesar dos numerosos chuvascos, cumpriuse o programa previsto pola organización que correu a cargo do Club Náutico de Castrelo e do Club Marítimo de Vigo.

Sub16F Carolina Comesaña (CM Canido), Sub 16M Javier Ríos (RCN Vigo), Sub13F Rosa Rivero (RCN A Coruña), Sub13M Pablo Gago (RCN A Coruña), Sub11F Xulia Dopico (CVF As Pontes), Sub 11M José Luis Ríos (RCN Vigo) foron os vencedores nas diferentes categorías.

Este evento deportivo, o terceiro e último acto da Versión Galicia Interior da Semana Abanca de 2023, estivo adicado aos deportistas de vela máis mozos: o Optimist. Na liña de saída houbo varios dos principais equipos da zona atlántica, así como de outras zonas de España e do norte de Portugal. Foi aposta máis significativa deste ano da Semana Abanca, con rango a nivel técnico de “internacional”. Este evento de vela base promoveu, ademais, o turismo termal familiar, e pretende sentar as bases para lograr que sexa unha proba de referencia para a España do interior. O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, recalcou o papel dinamizador que ten para o rural ourensán este tipo de probas deportivas.