Castrelo de Miño acolle este fin de semana a 450 deportistas na trixésima edición da Copa Primavera de remo

As instalacións do Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, acollen este fin de semana a XXX edición da Copa Primavera de remo, unha competición apoiada pola Deputación de Ourense e na que participarán, en total, case 450 deportistas nunha trintena de modalidades.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta mañá a proba no Pazo Provincial acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente; o vicepresidente provincial e responsable dos asuntos de cooperación na comarca do Ribeiro, César Fernández; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e a a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte.

A trixésima edición da Copa Primavera de remo celebrarase ao longo de todo o sábado 13 e o domingo 14 de maio pola mañá, coa participación de 32 clubes procedentes de oito autonomías -Galicia, Madrid, Euskadi, Cataluña, Asturias, Cantabria, Comunidad Valenciana e Aragón.