XII Xuntanza de Cabaleiros en Barbadás
Hípica - Tempada 2015/2016
O Campo de Fútbol da Veringuela (Bentraces) acolle este domingo 10 de abril a décimosegunda edición da Xuntanza de Cabaleiros.
A xornada iníciase ás 10:30 da mañá con unha saía á ruta que terá un percorrido polo municipio e unha duración aproximada de 2 horas e media. Á metade do itinerario haberá un avituallamento para os participantes.
Segundo a organización do evento está prevista a presencia de 200 cabalos e máis de 300 comensais, procedentes de toda a xeografía galega.
O Concello de Barbadás participa na organización do evento co obxectivo de promover a práctica deportiva vinculada ó ámbito do cabalo.
Segundo a organización da xuntanza “Barbadás contaba con pouca relevancia no mundo do cabalo ata a creación desta festa que co paso do tempo foi incorporando aficionados e aumentando o grado de involucración dos veciños de Barbadás”.
Dende a organización destacan que a ruta que transcorre polo concello de Barbadás converteuse nunha das máis consolidadas a nivel provincial e autonómico.
A xuntanza rematará con un xantar popular con produtos autóctonos e unha actuación musical.
Organización
Asociación de Cabaleiros de Barbadás
Contacto
Concello de Barbadás
Cimadevila - Estrada de Celanova
32008 Barbadás - Ourense
988 360 000
concello@barbadas.es
http://barbadas.es/
Localización
Campo de Fútbol da Veringuela - Bentraces