XII Copa Deputación Ourense Volei Praia

Vólei Praia -

Copa Deputación Copa Deputación

Barco de Valdeorras, O
24/06/2017
Barco de Valdeorras, O
25/06/2017
O Salgueiral ( O Barco de Valdeorras) acollerá a que será a primeira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.
Ademáis a XII edición da Copa Deputación de Ourense, incluirá tamén un apartado senior, aínda que exclusivo para os equipos ourensáns.
O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuíto Galego, e ademáis os mellor clasificados da provincia de Ourense serán os novos vencedores da Copa Deputación.

Organización

Federación Galega de Voleibol

Contacto

Federación Galega de Voleibol
http://www.fgvb.es/

Inscricións

Inscrición gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 21 ás 20.00 h., un correo-e a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.
Será necesario ter tramitada a pertinente licenza autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.