Xantar 2016 – Noite do Deporte
Expourense acollerá do 3 ao 7 de febreiro a 17ª edición de XANTAR “Salón Internacional de Turismo Gastronómico”, con México como país convidado.
Expourense adicará ó “Deporte” a noite do mércores 3 de febreiro, polo que animamos a todos os clubes e asociacións a organizar unha cea en Xantar para fomentar a convivencia entre os deportistas e favorecerse da Animación que programa o salón.
A organización pon a súa disposición a posibilidade de xestionar a reserva nalgún dos restaurantes a un prezo especial.
Ademais, a cada equipo ou clube asistente faráselle entrega de dous convites por persoa para poder visitar Xantar outro día.
Tamén se realizarán varios sorteos entre os participantes nesta acción.
Organización
EXPOURENSE
Contacto
EXPOURENSE
Anuska Fernández
Finca Sevilla, s/n
32005 Ourense
988 366 030
anuska@expourense.org
http://www.expourense.org/
Localización
EXPOURENSE