X Andaina Popular San Cibrao das Viñas – Rutas de Sendeirismo

Andaina -

San Cibrao das Viñas
18/09/2016
09:30

A andaina popular de San Cibrao fará este ano a súa décima edición, percorrendo principalmente camiños de sendeirismo do noso municipio.

A nosa andaina pretende xuntar a veciños e amigos que queiran dar un longo paseo por rutas dos nosos pobos e bosques. Faise sempre sobre distancias prudenciais e percorridos circulares, intentado cada ano encontrar algún percorrido novidoso que anime a xente a seguir descubrindo o noso Concello.

Sempre contamos con varios avituallamentos de sólidos e líquidos, e por suposto na chegada con agasallos e bocadillos para os participantes, e un estupendo ambiente de festa que fai que ano tras ano se vaian cubrindo as inscricións que manteñen sempre vida esta actividade.

Así que por este motivo, convidámoste a que veñas a nosa Andaina Popular.

Organización

Concello de San Cibrao das Viñas

Contacto

Concello de San Cibrao das Viñas
Oficinas Municipais
Praza da Constitución, 1 32911 San Cibrao das Viñas
988 381 034
info@sancibrao.es
http://www.sancibrao.es

Localización

Saída - Chegada

Área Recreativa de A Boutureira

Saída - Chegada

Área Recreativa de A Boutureira

Inscricións

Máis información e boletín de inscrición.

Descargar documento

Ligazóns de interese

Web do evento