V Copa Deputación Ourense Tríatlon – AVIAMAN
Tríatlon - Tempada 2015/2016
Copa Deputación
Proba de triatlon de longa distancia con saída e chegada na localidade de Leiro. As distancias: 1.200 m. de nado no río Avia, 64 kms. dunha espectacular e durísima bici entre os Concellos de Leiro e Avión, cunha ascensión inhumana o parque eólico Fonteavia (Xarotos), e para concluir 12 kms. de carreira polo fermoso paseo do río Avia.
Organización
Beariz Tríatlon - AXA AXENCIA GARRIGA - Concello de Leiro - Concello de Avión
Contacto
Beariz Tríatlon - AXA AXENCIA GARRIGA
Floro González González
Presidente
Avenida de Compostela, 59
32500 O Carballiño
676 185 528
carballinotriatlon@gmail.com
http://beariztriatlon.com/
Localización
Saída - Boxes - Meta
Regulamentos
Regulamento V Copa Deputación Ourense Tríatlon
Inscricións
Aberta a lista de espera. Para apuntarse nela debes enviar os teus datos (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, Club) ó correo da Federación: fegatri@hotmail.com
125 Prazas
Dende ou 1 de novembro de 2015 ata o 07 de xuño de 2016.
Prezos:
70€
O deportista poderá obter o reintegro de parte da inscrición (55 €) ata o 29 de maio (penalizarase con 15 €)
Deportistas populares:
Este prezo incrementaranse en 12€ en concepto licenza dun día para o deportista que non posúa licenza federativa en vigor (normativas 2015).
NOTA.- Segundo os acordos da Asemblea Xeral respecto ás normativas de 2016, se este importe diminuíra, devolveríase a diferenza.
Data límite: martes 07 de xuño do 2016
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web.
Toda a documentación debe estar na Federación antes de rematar o prazo de inscrición.
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións/Inscricións.
Federados
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes, no apartado inscricións á dereita da mesma. A inscrición formalizarase co envío do xustificante de pagamento a nome do club (no caso de deportistas que pertenzan a club) ou deportista se é independente na conta doBanco Sabadell 0081 5223 16 0001338040 .
Prezo 70€
Nº conta Federación Galega de Tríatlon e P.M.
Banco Sabadell ES37 0081 5223 16 0001338040
Licenzas 1 día
Unha vez que acceda á carreira realizarase a introdución de todos os datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día)
Formalizarase enviando (Xustificante de pagamento ao seu nome ) ao fax 982109800 ou mail fegatri@hotmail.com
A copia do DNI debe xuntarse ó cubrir ou formulario de inscrición e será validada dende a Federación.
Total Abono 82€ (Custe licenza de 1 día de 12€ + 70€ Inscrición )
Nº conta Federación Galega de Tríatlon e P.M. Banco Sabadell ES37 0081 5223 16 0001338040
Federados con licenza doutra comunidade que non abonasen a inscrición de participación nos circuítos, deberán enviar o formulario de solicitude de invitación que poden descargar da web da Federación Galega.
A continuación indicamos a ligazón:
http://fegatri.org/wp-content/uploads/2013/04/solciitude-invitacion-corredores-outras-comunidade1.pdf
Unha vez que a Federación Galega comproba a licenza, o deportista procederá á formalización dá inscrición enviando o xustificante do ingreso da cota por fax 982 109 800 ou mail fegatri@hotmail.com
Unha vez formalizada a inscrición remitirase correo electrónico a carballinotriatlon@gmail.com, co nome, apelidos e talla da camiseta.
Documentos
Lista de inscritos AVIAMAN 2016 Actualizada a 06.02.2016