Torneo de Natación Festas do Lázaro 2017

Natación -

Verín
01/04/2017
10:00

O sábado 1 de abril, ás 10:00 h.,  celebrarase na Piscina Climatizada de Verín o tradicional Torneo de Natación do Lázaro.

Nesta edición do torneo participarán equipos procedentes de diversos puntos da provincia e do norte de Portugal: a Piscina climatizada de Allariz, Piscina climatizada de Xinzo de Limia, BeOne de Ourense, o Club Flavitus de Chaves e o Club Natación Verín.

A convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competirán na categoría de prebenxamín (nados/as nos anos 2008 e 2009), benxamín (nados/as nos anos 2006 e 2007), alevín (nados/as nos anos 2004 e 2005), infantil (nados/as nos anos 2002 e 2003), e cadete (nados/as nos anos 2000 e 2001);  e nas seguintes probas: costas, croll, braza e relevos.

Organización

Concello de Verín

Contacto

Concello de Verín
Praza do Concello, 1 32600 Verín
988 410 000
Fax: 988 411 900
http://www.verin.es/

Localización

Piscina Climatizada de Verín