Torneo de Natación Festas do Lázaro 2016

Natación -

Verín
12/03/2016
10:00

O sábado 12 de marzo de 2016, ás 10:00 h.,  celebrarase na Piscina Climatizada de Verín o tradicional Torneo de Natación do Lázaro.

Participarán equipos procedentes de diversos puntos da provincia e do norte de Portugal: a Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia, Piscina Campus de Ourense, Clube de Nataçao de Chaves, Flavitus Nataçao Clube e o Club de Natación de Verín.

A convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competirán na categoría de prebenxamín (nados/as nos anos 2007 e 2008), benxamín (nados/as nos anos 2005 e 2006), alevín (nados/as nos anos 2003 e 2004), infantil (nados/as nos anos 2001 e 2002), e cadete (nados/as nos anos 1999 e 2000),  e nas seguintes probas: costas, croll, braza e relevos.

Organización

Concello de Verín

Contacto

Concello de Verín
Praza do Concello, 1 32600 Verín
988 410 000
Fax: 988 411 900
http://www.verin.es/

Localización

Piscina Climatizada de Verín

Inscricións

As inscricións deberanse facer por correo ordinario no enderezo:

PISCINA CLIMATIZADA DE VERÍN
Praza Dona Carmen Estévez, s/n
32600 Verín – Ourense.

Na inscrición deberá constar o nome e apelidos do nadador, data de nacemento, grupo ao que pertence e probas nas que participa.

Teléfonos: 988 414 184 – 686 221 833