Roteiros Parroira – Rutas Permanentes de Trail e BTT

Atletismo, BTT -

Merca, A
24/01/2021

A Asociación Deportiva OVALA2, creou uns roteiros permanentes no Concello de A Merca, de Trail e BTT con distintas distancias en cada unha delas.

Ante a imposibilidade de organizar un evento deportivo como en outras edicións, debido aos protocolos COVID-19, optouse por manter os camiños perfectos para edicións futuras, e aproveitar este traballo para ofrecer, tanto a runners como bikers, a posibilidade de facer a Parroira – Bike ou a Parroira – Trail.

Prolongarase esta iniciativa ata o vindeiro domingo, 24 de xaneiro de 2021.

Os Roteiros Parroira, discorren por contornas de gran valor natural, con bosques autóctonos galegos, coa presenza do río Arnoia, a Canle do Ruca, os novos miradoiros de A Airiña, carreiros de A Broa, a aldea abandonada de Ponche Ermida e coa posibilidade de subir aos altos de San Cibrao e Penamá. A saída e chegada dos Roteiros é nun dos enclaves máis visitados de A Merca, a agrupación de Canastros.

Nas redes sociais da asociación dispoñen da web de inscrición e os códigos QR de todos os Roteiros, a inscrición é gratuíta, existirán trofeos e premios para os primeiros de cada disciplina.

Organización

Asociación Deportiva OVALA2

Contacto

Asociación Deportiva OVALA2
José Ribo Touza
Secretario
630 968 871
adovala2@gmail.com

Ligazóns de interese

Web do evento