Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia 2023
Ciclismo - Tempada 2022/2023
Un dos principios de Special Olympics Galicia é a mellora da calidade de vida da persoa con discapacidade intelectual a través da práctica deportiva, fomentando, facilitando e promovendo o seu acceso ás actividades físicas e deportivas e logrando que a súa práctica se desenvolva nun entorno e condicións o máis normalizadas posible.
No noso programa deportivo reunimos un conxunto de prácticas que melloran a condición física e o benestar emocional, das persoas con discapacidade intelectual. Búscase unha vivencia pracenteira e o goce para o participante, ao tempo que as actividades teñen fins rehabilitadores e terapéuticos.
Consideramos que a práctica deportiva de forma continuada favorece o desenvolvemento físico, psíquico, emocional e social da persoa con discapacidade intelectual, tendo como consecuencia un aumento da autoestima, mellor preparación para unha vida autónoma, a potenciación da toma de decisión persoais…
Organización
Special Olympics Galicia
Contacto
Special Olympics Galicia
asociacion@specialolympicsgalicia.org
http://www.specialolympicsgalicia.org