La Copa Tour CaixaBank
Baloncesto - Tempada 2015/2016
A Copa do Rey A Coruña 2016 arrincará o próximo 18 de febreiro. Pero antes, vivirá unha das súas primeiras actividades paralelas, co inicio do #CopaTourCaixaBank, que percorrerá durante tres semanas 11 municipios galegos.
Este percorrido nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rey a todas aquelas persoas amantes do baloncesto que queiran formar parte dun gran evento como este.
Empezando na Coruña e pasando por Culleredo, Betanzos, Ferrol, Carballo, Lugo, Marín, Ribeira, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela, o trofeo da Copa do Rey viaxará por Galicia para achegarse a todos os afeccionados.
Todos aqueles que participen no tour e fotográfense co trofeo, poderán participar nun sorteo semanal que se celebrará a través de Twitter e que terá como premio material da marca deportiva Under Armour (provedor oficial da Copa do Rey) e un sorteo final no que se poderá gañar un abono dobre para poder vivir en directo a Copa do Rey A Coruña 2016.
Para iso só haberá que subir a foto co trofeo, acompañada co hashtag #CopaTourCaixaBank, e seguir a @ACBCOM (Ver condicións do sorteo en www.copadelreyacb.com).
Organización
ACB
Contacto
ACB
900 103 715
copadelrey@acb.es
http://copadelreyacb.com/
Localización
Centro Cultural "Marcos Valcárcel"