IV Torneo Solidario de Fútbol Sala – Xinzo de Limia
Fútbol Sala - Tempada 2015/2016
Novas Xeracións Xinzo de Limia organiza a IV edición do Torneo Solidario de Xinzo de Limia, co obxectivo de recadar alimentos para Cáritas da Parroquia de Santa Mariña.
O torneo consta de tres categorías: Sub16 que aportarán 15kg. de alimentos non perecedeiros, veteráns e afeccionados que aportarán por equipo 30kg. de alimentos por equipo.
Haberá trofeos para os 3 primeiros de cada categoría, para os porteiros menos goleados e os máximos goleadores de cada categoría.
Os partidos na fase de grupo serán de 10 minutos a tempo corrido por parte, a partir da fase de eliminatoria, en cuartos, os partidos serán de 12 minutos por parte, 15 nas semifinais e 20 nas finais de cada unha das categorías. O torneo contará con dous árbitros federados nas 3 categorías.
O presidente de NNXX, José Antonio Parente, quere agradecer a todos os patrocinadores que unha edición máis, e van catro, axuden para que esta cita deportiva se asente no calendario de actividades deportivas da vila, ademáis de agradecer a todos os equipos participantes que acudan e colaboren nesta nova edición.
Organización
Novas Xeracións Xinzo de Limia
Contacto
Novas Xeracións Xinzo de Limia
José Antonio Parente
606 190 889
Localización
Pavillón Municipal de Deportes de Xinzo de Limia
Inscricións
Máis información e inscricións no teléfono 606 190 889 (Parente).
Equipos Sub16: 15 kg. de alimentos non perecedeiros.
Equipos afeccionados e veteráns: 30 kg. de alimentos non perecedeiros.