IV Gala do Deporte Feminino en Galicia

Allariz
22/04/2016
20:00

O próximo día 22 de abril celebrarase no Concello de Allariz a IV Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras e clubs da pasada tempada (ano 2015).

Con este acto, MUDEGA busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais do noso colectivo: lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles.

O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende o 8 de marzo de 2016 (Día da Internacional da Muller) e finalizará o 31 de marzo de 2016, e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo-e: mudega-presidenta@hotmail.com, serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.

Os premios que se entregarán son os seguintes:

  • Mellor directivo/a (máis comprometido/a co deporte feminino)
  • Mellor deportista feminina
  • Mellor deportista feminina con discapacidade
  • Mellor deportista feminina promesa
  • Mellor equipo feminino
  • Medio de comunicación amigo do deporte feminino
  • Premio á traxectoria
  • Mellor árbitro ou xuíza
  • Institución pública amiga do deporte feminino
  • Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino
  • Mellor adestrador/a feminino
  • Mellor iniciativa a prol do deporte feminino.

Organización

Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA)

Contacto

MUDEGA
Rúa Ramón Cabanillas, 21 - 2º 15007 A Coruña
629 394 224
mudega-secretaria@hotmail.com
http://mudega.net/

Localización

Casa da Cultura de Allariz

Ligazóns de interese

Facebook MUDEGA

Resultados / Clasificación

Premiadas IV Gala do Deporte Feminino en Galicia