III Torneo Solidario de Fútbol Sala – Xinzo de Limia

Fútbol Sala -

Xinzo de Limia
26/03/2016
Xinzo de Limia
27/03/2016

Os vindeiros días 26 e 27 de marzo, no pavillón dos deportes de Xinzo de Limia, Novas Xeracións Xinzo, organiza a 3ª edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala Xinzo de Limia.

O torneo consta de 3 categorías: sub16, femenina e de afeccionados. Na categoría sub16 contará con 6 equipos, na femenina 8 serán os equipos participantes e na de afeccionados 18 equipos.

O torneo constará nas tres categoría dunha liguilla con varios grupos, nesta liguilla os partidos durarán 12 minutos a tempo corrido en dúas partes, é decir, 24 minutos por partido. Nas fases eliminatorias, cuartos de final e semifinais, os partidos será de 15 minutos por parte, é devir, 30 minutos por partido e as finais serán de 20 minutos por parte, 40 minutos o partido.

As tres categorías estarán arbritadas por tres colexiados federados da vila de Xinzo, un dos colexiados arbritará o sábado pola mañán a categoría sub 16 e o domingo a femenina, é os outros dous colexiados irán arbritando a categoría de afeccionados, sabado na liguilla é domingo nas fases finais.

Cada equipo e dependendo da categoría na que participe aportará a modo de inscrición alimentos, nas categorías feminina é sub16 serán 15kg por equipo e na de afeccionados 30kg, que irán destinados a caritas da parroquia de Santa Mariña de Xinzo.

Os premios que se repartirán estas tres categorías, serán trofeos: na categoría de sub16 para os tres primeiros equipos (1, 2, 3), na femenina é na de afeccionados trofeos para os 3 primeiros clasificados, para os porteiro menos goleados e os máximos goleadores de cada unha destas categorías.

O día 25, celebrarase o sorteo, no pavillón dos deportes de Xinzo, feito o sorteo, cada equipo saberá os horarios dos seus partidos, que serán en función dos grupos que lle toque.

O obxectivo principal do torneo é o de aportar un fin de semana de actividades de lecer a vila, ademáis de conseguir alimentos para Cáritas da parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia.

Organización

Novas Xeracións Xinzo de Limia

Contacto

Novas Xeracións Xinzo de Limia
Parente
606 190 889

Localización

Pavillón Municipal de Deportes de Xinzo de Limia

Inscricións

Máis información e inscricións: 606 190 889
Categorías Sub16 e Feminina: 15 kgs. de alimentos non perecedeiros.
Categoría afeccionados: 30 kgs. de aliementos non perecedeiros.
Entidade beneficiaria: Cáritas Santa Mariña.

Resultados / Clasificación

Resultados III Torneo Solidario de Fútbol Sala - Xinzo de Limia