II Torneo Internacional de Semana Santa – Adega Tapias Mariñán / VerínFut5al

Fútbol Sala -

Verín
23/03/2016
Verín
24/03/2016
Verín
25/03/2016

Durante os vindeiros días 23, 24 e 25 de marzo de 2016, celebrarase en Verín a 2ª Edición do Torneo de Fútbol Sala organizado por VerinFut5al e o Concello de Verín, coa colaboración da Adega Tapias de Mariñán e a Deputación de Ourense.

Nesta edición participarán un total de 56 equipos (18 máis que o ano pasado), conformados -entre equipos e corpo técnico- por un total 700 persoas, procedentes de Castilla la Mancha, Galicia e Portugal.

Este Torneo, único nas súas características na provincia de Ourense,  terá lugar en tres instalacións deportivas de Verín: Pavillón Municipal de Verín, Complexo Deportivo A Granxa e no Colexio María Imaculada e contará coas seguintes categorías:

  • Prebenxamín (nados/as nos anos 2008 e 2009).
  • Benxamín (nados/as nos anos 2006 e 2007).
  • Alevín (nados/as nos anos 2004 e 2005).
  • Infantil (nados/as nos anos 2002 e 2003).
  • Cadete (nacidos nos anos 2000 e 2001).
  • Cadete Feminino (nadas nos anos 2000 e 2001).
  • Xuvenil (nacidos nos anos 1997,1998 e 1999).

Organización

Verín Fut5al - Concello de Verín

Contacto

Verín Futsal
Rúa Irmáns Moreno 32600 Verín
verinfutsal@hotmail.com
http://verinfutsal.wix.com/verinfutsal

Localización

Pavillón Municipal de Verín

Complexo Deportivo A Granxa

Colexio María Inmaculada - Verín

Ligazóns de interese

Facebook Verín Futsal

Twitter Verín Futsal