I Orientación Indoor + Deporte La Región

Orientación -

Copa Deputación Copa Deputación

Ourense
29/01/2017
17:00

O diario La Región en colaboración coa A.D. Limiactiva, Club Peña Trevinca, Federación Galega de Orientación e Deputación Provincial de Ourense, organiza unha proba de Orientación Indoor, o domingo 29 de xaneiro de 2017.

Desta vez, o lugar elexido é o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, un marco incomparable para unha proba deste tipo, ideal para iniciarse neste fantástico deporte.

Proba valedeira para a Copa Deputación Ourense de Orientación e para o Circuíto Limiactiva de Orientación 2017.

A partir das 16:30 h. abriranse as portas do pavillón auxiliar, lugar de concentración dos participantes, onde se repartirán as tarxetas Sportident e se explicarán as probas previstas para esta xornada.

Ás 17:00 h. comezarán a saír os primeiros corredores, que terán que completar un percorrido en liña, ata conseguir picar en todos os controis marcados no mapa.

Unha vez que todos os participantes rematen a primeira proba, e comece a escurecer, apagaremos as luces do percorrido. Proba nocturna na que os corredores farán uso da súa linterna frontal, que lle iluminará o camiño en busca das balizas marcadas no mapa.

A organización prestará tarxetas Sportident ós participantes que non a teñan en propiedade.

As incricións xa están abertas, e podedes facelas na web masdeporte.laregion.es, ata o xoves ás 23:59.

Esperámosvos a todos o domingo no Pazo dos Deportes Paco Paz. ¡Non faltedes!

Organización

La Región - A.D. Limiactiva

Contacto

La Región
http://www.laregion.es/

A.D. Limiactiva
Óscar Gómez
Presidente
665 936 887
ori.limiactiva@gmail.com
http://www.limiactiva.com

Localización

Pazo dos Deportes Paco Paz

Inscricións

Inscricións.

Ir a enderezo web