Gran Festa do Fútbol Sala Ríosolidario

Fútbol Sala -

San Xoán de Río
30/12/2017
17:00

O Polideportivo de San Xoán de Río acollerá a “Gran Festa do Fútbol Sala” incluída dentro do RíoSolidaRio, a primeira recollida de alimentos non perecedoiros de San Xoán de Río.

Para acceder ao recinto, tanto xogadores como espectadores, deberán aportar polo menos un quilo de alimentos, e por cada un recibirán un número para participar no sorteo de agasallos.

Os alimentos serán recollidos para a campaña RíoSolidaRio e o martes 2 de xaneiro de 2018 serán entregados á asistenta social do Concello para crear o “Primeiro Banco de Alimentos de San Xoán de Río”.

Organización

Asociación Cultural Río Mola

Contacto

Asociación Cultural Río Mola
José Miguel Pérez Blecua
Presidente
627 780 891
asociacionculturalriomola@gmail.com
https://www.facebook.com/asociacionculturalriomola/