Foro La Región – Isidoro Hornillos

Atletismo -

Formación Formación

Ourense
19/10/2016
20:15

Con motivo do centenario da práctica oficial do atletismo en Galicia (1916 – 2016), Isidoro Hornillos fará un repaso da historia do atletismo galego desde as súas orixes, lembrando ás persoas que fixeron que este deporte alcanzase a gran relevancia que hoxe en día ten, aos atletas e competicións que lograron proxección nacional e internacional, ata os temas de actualidade para o atletismo en Galicia e en España. Entre os asuntos máis importantes da actualidade atlética, destacará aqueles que afectan directamente á provincia de Ourense, a instalación dunha pista cuberta en Expourense, a 40ª Carreira Popular do San Martiño ou o Ourense Termal Athletics Meeting. Hornillos tamén expoñerá as bases programáticas da súa candidatura á presidencia da Real Federación Española de Atletismo.

Organización

La Región

Contacto

La Región
http://www.laregion.es/

Localización

Liceo de Ourense

Inscricións

Entrada libre.