Día dos Humidais. Roteiro polo Río Loña
Andaina - Tempada 2015/2016
Co gallo da conmemoración do 45 aniversario do Convenio Ramsar, Amigos da Terra celebra un ano máis o día dos humidais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño, e o naturalista Alberto Rivero Saeta. Realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Loña ao seu paso polo Concello de Ourense, para o sábado 30 de xaneiro pola mañá.
Estableceranse dous puntos de encontro, dende a Aula de Natureza de Oira, sairemos ás 10:00 horas para ir ata o encoro de Cachamuiña onde empezaremos a actividade as 10:30, ou ben quedaremos directamente ás 10:30 no encoro de Cachamuiña. Dende aquí iremos de paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Loña.
No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.
Organización
Amigos da Terra - Aula da Natureza do Río Miño
Contacto
Amigos da Terra
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
http://www.amigosdaterra.net/
Localización
Punto de Encontro 10:00 h.
Aula da Natureza do Río Miño<br /> Oira
Punto de Encontro 10:30 h.
Encoro de Cachamuíña
Aula da Natureza do Río Miño<br /> Oira
Encoro de Cachamuíña
Inscricións
Para máis información e inscricións contactar con voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou aulanatureza@ourense.es.