Menú
Pechar

Curso de iniciación á escalada

Escalada -

Ourense
02/06/2017
17:00

O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense organiza un curso de iniciación á escalada no rocódromo do Pavillón Municipal de Os Remedios.

Este curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridade na escalada e aprender as manobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a fin de escalar con seguridade vías equipadas de escalada deportiva dun so longo.

Organización

Club Alpino Ourensán

Contacto

Club Alpino Ourensán
Rúa Bedoya, 4 - Local 9 - Galerías Bedoya Ourense.
contacto@clubalpinoourensan.es
http://www.clubalpinoourensan.es

Localización

Pavillón Municipal de Os Remedios

Ligazóns de interese

Web do evento