Correndo x Ourense 2016 – Universidade

Atletismo -

Ourense
04/09/2016
12:00

Organización

Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense

Contacto

Consello Municipal de Deportes
Marta Míguez Telle
Coordinadora de Deportes
Avenida Pardo de Cela, 2 32003 Ourense
988 370 539
Fax: 988 370 727
info@deportesourense.com
http://www.deportesourense.com

Localización

Carreira da Universidade

Regulamentos

Regulamento Correndo x Ourense 2016

Inscricións

As inscricións realizaranse a traves de www.championchipnorte.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.

O prazo para inscribirse no circuíto para todos os participantes comeza o día 4 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Todas as demais carreiras do circuíto nas que participe son gratuítas.

Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

Documentos

Folleto Correndo x Ourense 2016

Resultados / Clasificación

Resultados Correndo x Ourense 2016 - Universidade