Carreira Popular Xinzo de Limia 2016
Atletismo - Tempada 2015/2016
Organización
Concello de Xinzo de Limia - Concellería de Deportes
Contacto
Concello de Xinzo de Limia
Rúa Curros Enríquez, 15
32630 Xinzo de Limia
988 550 111
Fax: 988 550 112
http://www.xinzodelimia.es/
Localización
Saída - Meta
Pavillón Municipal de Deportes de Xinzo de Limia
Pavillón Municipal de Deportes de Xinzo de Limia
Regulamentos
Regulamento Carreira Popular Xinzo de Limia 2016
Inscricións
As incricións para as carreiras INFANTIL – CADETE, BENXAMÍN – ALEVÍN, PREBENXAMÍN E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, O, P, Q), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 H do día 31 de marzo.
- Na web: www.championchipnorte.com (enchendo o formulario de inscrición)
- Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.
As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L, M, N) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 31 demarzo.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 5,00 € en concepto de cota de inscrición. Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 1,00 €, en concepto de aluguer do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.
As inscricións para a CARREIRA DE RELEVOS faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 31 de marzo. Os participantes na CARREIRA DE RELEVOS, teñen que abonar 9,00 € por equipo en concepto de cota de inscrición. Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.
Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.
IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (só os atletas federados). Non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia e si se posúe licencia federativa de atletismo.