Campionato de Galicia Xuvenil – Junior – Senior – Máster de Salvamento e Socorrismo Deportivo
Salvamento e Socorrismo - Tempada 2016/2017
O Campionato de Galicia disputarase na Piscina Rosario Dueñas o sábado 4 de febreiro en sesións de mañá e tarde, e o domingo 5 en sesión de mañá.
Participan deportistas das categorías xuvenil, junior, senior e máster.
Son 11 os clubs participantes: Pontevedra, Sanxenxo, A Estrada, Vilagarcía, Umia (Caldas de Reis), Arteixo, Laracha, Cerceda, Sada, Carballo e Salvamento Ourense SALVOUR como equipo anfitrión e organizador conxuntamente coa Federación Galega (FESSGA).
Tomarán parte na competición preto de 300 socorristas.
Dada a calidade da instalación e a súa adecuación a este deporte, a FESSGA concédenos por terceiro ano consecutivo a organización desta competición. Nas edicións anteriores asistiron máis de 600 persoas.
A organización está formada por un equipo de máis de 30 persoas entre cronometradores, árbitros, remolcadores,…
Nesta ocasión disporase de cronometraxe electrónica por parte de persoal da Federación Española.
É unha excelente oportunidade para os deportistas galegos de obter marcas mínimas para asistir ao Campionato de España que se disputará en Castelló os días 25, 26, 27 e 28 de febreiro.
Organización
Club SALVOUR - FESSGA
Contacto
Club SALVOUR
José Manuel Paredes
Presidente
Rúa Pardo de Cela, 2
32003 Ourense
606 383 802
clubsalvour@gmail.com
http://www.salvour.com
Localización
Piscina Rosario Dueñas