Campionato de Galicia de Hapkido 2023
Taekwondo - Tempada 2022/2023
O Hapkido é un Arte Marcial de orixe coreano, basado na Defensa Persoal. O desenvolvemento do evento está formado por exhibicións tanto de parrellas como individuais, onde os deportistas fan unha demostración das súas habilidades dando a coñecer diferentes técnicas de Defensa Personal como poden ser luxacións, proyeccións, escapes, golpeos, patadas, caídas… Dividindo sempre as categorías por idades (dende os máis cativos ata ós adultos) e grados (cinturóns de cor e cinturóns negros).
Este evento que se celebrará por primeira vez na provincia de Ourense atraerá preto de 100 participantes dende categorías base ata categorías Master (veteranos).
O Clube Escuela de Artes Marciales Sam Mu Dojang a pesar da súa corta existencia (5 anos), é o que máis licencias ten desta diciplina en toda a Comunidade Autónoma de Galicia (datos que se poden contrastar ca Federación Galega de Taekwondo). Ademáis é o único clube da cidade que imparte esta disciplina, e conta nas súas filas con varios medallistas nacionais nos anos 2021 e 2022.
É por estes motivos que se lle pediu á Federación Galega de Taekwondo e D.A. a organización deste evento en Ourense co fin de promover esta disciplina na nosa cidade e na nosa provincia.
Organización
Escuela de Artes Marciales Sam Mu Dojang - Federación Galega de Taekwondo e DA
Contacto
Escuela de Artes Marciales Sam Mu Dojang
Saúl Servia Rivero - Yolanda Abal Alonso
Presidente - Secretaria
Rúa Río Mao, 26 - Baixo
32001 Ourense
680 728 264
info@artesmarcialesourense.com
http://www.artesmarcialesourense.com
Localización
Pavillón Municipal de Oira