A Derradeira 2015
Atletismo - Tempada 2015/2016
Allariz celebra, o vindeiro 31 de decembro, a Derradeira Solidaria, unha tradicional carreira popular que transcorre polo casco histórico de Allariz e que despide ó presente ano dun xeito solidario.
A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis, un carácter solidario. Baixo o lema “un dorsal por un kilo de comida”, a organización entregará un dorsal a todas aquelas persoas que desexen participar na carreira e aporten un kilo de comida que será destinada ós máis desfavorecidos, a través de Cáritas de Allariz.
A Derradeira terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída na Praza Maior ás 16:30h para os neno/as de ata 12 anos, e as 17:00h para os sénior.
Organización
Concello de Allariz
Contacto
Concello de Allariz
Praza Maior, 1
32660 Allariz - Ourense
988 440 001
http://www.allariz.com/
Localización
Saída
Praza Maior<br /> Allariz
Praza Maior<br /> Allariz
Inscricións
A inscrición débese formalizar en:
Piscina Municipal de Allariz
Teléfono: 988 442 083
Correo-e: piscina@allariz.com
Deportes Redonet
Rúa Ervedelo, 21
32002 Ourense