8ª Andaina Contra a Violencia de Xénero

Andaina -

Maceda
28/11/2015
16:30

O Concello de Maceda, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza a 8ª edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, de cara á sensibilización e o compromiso de toda a cidadanía ante este grave problema social.
Ás 16:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello un acto para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tras do cal terá lugar a andaina polo paseo fluvial, rematando na Praza das Toldas.

Organización

Concello de Maceda

Contacto

Concello de Maceda
Centro de Información ás Mulleres
988 463 554 - 988 463 761
http://www.concellodemaceda.org/

Inscricións

A inscrición é gratuíta e pode facerse no Centro de Información ás Mulleres ou na oficina de Servizos Sociais (988 463 554 e 988 463 761) de luns a venres entre as 8:30 e as 15:00 horas.