3º Trofeo de Kickboxing “Ourense Cidade Termal”

Kickboxing -

Viana do Bolo
06/08/2016
21:00

O evento terá lugar nas instalacións do Centro de Formación e Tecnificación Deportiva da Fundación Cipri Gomes en Viana do Bolo, o 6 de agosto do 2016. O evento consistirá nunha velada de kickboxing cun total de 12 combates (masculino e feminino) onde os deportistas ourensáns enfrontaranse a outros púxiles pertencentes a clubs de diferentes puntos de españa e internacionais. Entre os combates realizaranse exhibicións infantís de Karate, Kickboxing, Defensa Persoal e Aerokickboxing de diferentes escolas participantes.

A participación neste evento de deportistas ourensáns con púxiles de distintos puntos de españa e internacionais ten como un dos obxectivos principais dar a coñecer a todo o público asistente as áreas termais de Ourense e promocionar e incrementar o turismo na nosa cidade.

 

Organización

Club Black Kick Competición

Contacto

Club Black Kick Competición
Cipriano Gomes Esteves
Adestrador
677 459 822
blackickcompeticion@gmail.com

Localización

CFTD Fundación Cipri Gomes - Viana do Bolo