A Xunta de Goberno aproba axudas para infraestruturas e proxectos culturais e deportivos

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe diversas axudas, por importe de 219.695 euros, para cooperar con concellos e entidades en proxectos culturais, deportivos e de infraestruturas. En concreto, aprobouse unha axuda para a Mancomunidade Turística dos Municipios do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, por importe de 15.000 euros, para os gastos de funcionamento desta entidade correspondentes ao ano 2019, para o Concello de Boborás, unha axuda de 125.000 euros para o Edificio Multiusos, mentres que para a Asociación Educativo Cultural Airoa Comunicación aprobouse unha axuda de 20.000 euros para os talleres audiovisuais Ribeira Sacra. En materia deportiva, aprobouse a resolución do concurso para axudas a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico-deportivas do 2019, para o cal, a Deputación destina un orzamento de 59.695 euros para 84 proxectos de diferentes disciplinas deportivas.