A XIX Regata Pub Gaddafi, Copa Deputación, terá lugar o 15 de setembro en Barra de Miño

A localidade de Barra de Miño, en Coles, acollerá este domingo 15 de setembro a XIX Regata Pub Gadaffi dentro da Copa Deputación de piragüismo. Á presentación deste evento deportivo asistiu o vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández.

Consistirá nunha regata que contará coas categorías prebenxamín, bexamín, alevín, infantil e cadete. Desde prebenxamín a alevín cubrirán unha distancia de mil metros, os infantís dous mil metros e os cadetes catro mil metros. A localización escollida para a celebración da regata é en Barra de Miño, contando cunha lámina de auga practicamente ideal para o piragüismo. O inicio das competicións será ás 11:00 horas, finalizando a actividade coa entrega de medallas e trofeos ao redor das 14:00 horas.