A deputada Luz Doporto asistiu á saída da I Subida a Vilar de Barrio, que conta coa colaboración da Deputación

A deputada Luz Doporto asistiu esta mañá á saída da I Subida a Vilar de Barrio “Memorial Juan Rodríguez”. A cita, puntuable para a Copa de España de Escuderías de Montaña, celébrase este fin de semana co patrocinio da Deputación. Doporto estivo acompañada na saída da proba polo alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, e os organizadores.