A deputada delegada especial para Valdeorras participa na presentación do Campionato Galego Infantil de Karate

A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, participou hoxe na presentación do Campionato Galego Infantil de Kárate que se disputará nas modalidades individuais de Kata, Kumite e Para-Karate o vindeiro 10 de marzo no pavillón municipal de Calabagueiros, no Concello de O Barco de Valdeorras. A provincia de Ourense estará representada nesta competición por un total de 64 deportistas procedentes de seis clubs.

Á presentación, que tivo lugar na sede da Deputación en Valdeorras, tamén asistiu o concelleiro do Barco de Valdeorras, Aurentino Alonso; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente; a adestradora do Club Shark e vogal da xunta directiva da Federación Galega de Karate, Raquel Fernández; e o adestador do Club River Stone, Nicolás Rodríguez.