O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe na I Carreira solidaria que organiza a Garda Civil en apoio á Asociación Por Eles Tea. Trátase dunha iniciativa que forma parte dos actos conmemorativos da celebración súa patroa, a Virxe do Pilar.
O percorrido, adaptado por idades desde os 100 aos 700 metros, partiu desde a Praza Maior de Ourense para todos, incluídos os que disputaron a proba absoluta. Paralelamente, houbo unha exhibición de medios da comandancia na praza Bispo Cesáreo.