A Deputación patrocina a etapa 12ª de La Vuelta 24, con inicio en Ourense, percorrido por unha ducia de municipios da Ribeira Sacra e final en Manzaneda

O presidente provincial, Luis Menor, e o director da Volta, Javier Guillén, presentaron no miradoiro Pé do Home, en Nogueira de Ramuín, esta etapa que se disputará integramente en Ourense o 29 de agosto.

A 79ª edición da Volta a España “volverá ser un novo éxito de promoción internacional da nosa provincia e contribuirá a seguir incrementando o número de visitantes a Ourense”, sinalou Luis Menor.

Javier Guillén destacou o “valor incalculable” de promoción do territorio que supón acoller unha proba este nivel que “xa supera os 400 millóns de espectadores cada ano”

Esta etapa será a 3ª etapa de La Vuelta disputada integramente na provincia de Ourense, así como a 18ª saída de etapa e a 17ª meta da La Vuelta na nosa provincia.

O miradoiro Pé do Home, en Nogueira de Ramuín, acolleu esta mañá a presentación da 12ª etapa de “La Vuelta 24” que, co patrocinio da Deputación de Ourense, disputarase integramente en territorio da provincia. O presidente provincial, Luis Menor, e o director de La Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, acompañados polos alcaldes dos municipios ourensáns polos que transcorre a proba, presentaron os detalles deste evento deportivo.

A 12ª etapa de La Vuelta, que se disputará en Ourense o 29 de agosto, transcorrerá por unha ducia de municipios da zona da Ribeira Sacra. O pelotón sairá da cidade para disputar o 133 km de percorrido, pasando polos municipios do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Trives e con final na estación de montaña de Manzaneda.

Luis Menor lembrou que a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO, demostrou ser “un lugar perfecto para o ciclismo con tramos esixentes de gran dureza, que discorren por unha contorna inigualable para o deleite dos ciclistas e tamén dos millóns de afeccionados que seguen este espectáculo do ciclismo por todo o mundo”.

Javier Guillén explicou que “el ciclismo en ruta se define por dos cuestiones: la épica y la estética y, en base a esas dos definiciones hemos hecho una etapa redonda: deportivamente muy emocionante y estéticamente apasionante. Aseguró que los vecinos y vecinas de la provincia “se van a sentir orgullosos de lo que tienen y del lugar en el que viven”.

La Vuelta, escaparate mundial da provincia de Ourense

A 79ª edición da Volta a España “volverá ser un novo éxito de promoción internacional da provincia e contribuirá a seguir incrementando o número de visitantes a Ourense, grazas ao gran impacto mediático, promocional e publicitario que supón acoller unha das 21 etapas de La Vuelta deste ano”, destacou o presidente provincial.

Neste sentido, Luis Menor lembrou que La Vuelta “é, sen dúbida, un dos eventos deportivos de maior proxección no mundo, e que unha vez máis, grazas ao compromiso da Deputación, volve ter a Ourense como protagonista dunha das súas etapas”.

Ademais, cabe destacar que a caravana publicitaria de La Vuelta realizará na etapa ourensá dúas paradas técnicas: unha en Nogueira de Ramuín e outra en Castro Caldelas. Mentres que, o parque volta instalarase en Trives desde as 16:30 ás 20:00 horas e o acceso é libre.

Ao fío disto, o director de La Vuelta explicou que se trata dunha carreira que move a máis de 3.000 persoas que estarán máis dunha noite na provincia de Ourense. “Llegaremos a 190 países con una particularidad en esta etapa, y es que las 3 horas y media de retransmisión se harán sobre la provincia de Ourense, promocionando recursos como “Ourense Termal”, la Ribeira Sacra y la estación de montaña de Manzaneda”.

Por iso, Javier Guillén dixo que esta promoción do territorio “tiene un valor incalculable” sinalando que ademais se realiza “a través de un deporte tan seguido y multitudinario como es el ciclismo que nos hace ser un vehículo de primer nivel, superando ya los 400 millones de espectadores cada año”.

3 etapas de La Vuelta disputadas integramente na provincia.

A 12ª etapa da Volta 24, que unirá Ourense e a estación de montaña de Manzaneda será a 3ª etapa da Volta disputada integramente na provincia de Ourense, así como a 18ª saída de etapa e a 17ª meta da Volta na nosa provincia. Por iso, Luis Menor agradeceu ao director da Volta que “sempre que esta proba ten a ocasión de vir a Galicia, unha das súas paradas obrigatorias na nosa Comunidade sexa a provincia de Ourense”.