A Deputación lanza unha aplicación móbil para os abonados do Pazo dos Deportes “Paco Paz”

A Deputación de Ourense vén de lanzar unha aplicación móbil para os abonados do Pazo dos Deportes “Paco Paz”. A App, denominada “Fitness Pazo” e que foi presentada hoxe polo vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, ten como obxectivo facilitar a reserva e xestión das diferentes actividades que ofrece esta instalación deportiva. A través dela, os abonados poden consultar os seus datos e recibos; reservar clases deportivas e sesións de fisioterapia; realizar compras; xestionar mensaxes e dispoñer de contacto directo co Pazo dos Deportes.