A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe diversas axudas para cooperar con entidades en proxectos deportivos, de infraestruturas e servizos sociais. En concreto, na reunión aprobouse unha axuda de 30.000 euros para a Asociación de Vecinos del Pueblo de A Illa, do termo municipal de Entrimo, para o acondicionamento do muro do campo da festa. Para a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina aprobou unha axuda de 20.000 euros para a dixitalización de fondos correspondente ao ano 2019.
Outra das axudas aprobadas na reunión foi para a Fundación San Rosendo, por importe de 400.000 euros, para a residencia da terceira idade en Lobios, mentres que para a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 50.000 euros para os gastos de funcionamento da entidade correspondentes aos anos 2018-2019.
Por último, na reunión aprobouse, por unha banda, a resolución do concurso para a concesión de axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2019 do segundo período. A través desta resolución, a Deputación destina 14.680 euros para 14 proxectos de diferentes disciplinas deportivas. Por outra banda, tamén se aprobou a resolución do concurso para a concesión de axudas para gastos de investimento de asociación veciñais de Ourense correspondente ao exercicio 2019, polo que se destina un orzamento total de 99.993 euros.