O asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez, participou esta mañá na Delegación Territorial, na presentación da XXXI Copa Primavera e XV Regata Nacional de Remo Paralímpico de Remo que se levará a cabo este vindeira fin de semana no Parque Náutico de Galicia, coa colaboración da Deputación de Ourense.
Esta é a cuarta regata nacional da tempada que ten lugar en Castrelo de Miño baixo a organización da Federación Española de Remo, Federación Galega de Remo e Club Náutico Castrelo de Miño coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.