A Deputación de Ourense colabora na Copa OCRA Galicia O Camiño Race que se celebrará en Xinzo

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe na presentación da Copa OCRA Galicia “O Camiño Race”, en Xinzo de Limia.

Os competidores disputarán a proba o vindeiro domingo, 21 de abril, nas categorías: élite, popular e infantil e, ademais, poderán participar por equipos. Os percorridos, que varían en cada categoría, oscilan entre os 7-9km e os 27-30 obstáculos para adultos e, haberá tamén un percorrido de 1 km con 15 obstáculos para os máis cativos.

Esta carreira de obstáculos, que logrou reunir a máis de 600 participantes na súa primeira edición, aspira a consolidarse no panorama galego de OCR como unha das máis importantes de Galicia.