A Deputación de Ourense colabora coa primeira proba de obstáculos “Uros Race” que se disputará en Toén o vindeiro domingo, 1 de setembro. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou esta mañá na presentación deste evento no que participarán ao redor de 400 persoas que terán que superar case 50 obstáculos repartidos polas instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume do Concello de Toén.
Comunicación
Actualidade