O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu na Alameda do Concello de Ourense á saída do Día da Bici que chega este ano a súa 38ª edición reunindo a milleiros de afeccionados ao ciclismo nas rúas da cidade.
Trátase dunha das manifestacións deportivas e lúdicas con maior tradición e participación popular de todas as que se celebran na provincia.