A Deputación coorganiza a I Carreira da Garda Civil de Ourense en beneficio da asociación Por Eles TEA Ourense

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o deputado provincial, Jorge Pumar, participaron esta tarde na presentación da I Carreira da Garda Civil de Ourense “Pilar 2024”, na tenda Runmaniak.

Dentro dos actos que organiza a Garda Civil con motivo da festividade de Nosa Señora do Pilar, atópase esta carreira popular de carácter solidario que se celebrará en beneficio da asociación “Por Eles TEA Ourense”. Unha asociación sen ánimo de lucro creada por nais e pais de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) que buscan atopar un espazo onde se atendan todas as necesidades que hoxe en día poidan ter os seus fillos e buscar un futuro mellor para todos eles.

A carreira será o domingo, 6 de outubro, e as inscricións poden realizarse a través de: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2807/i-carrera-popular-de-la-guardia-civil-de-ourense-pilar-2024