A Deputación colabora no IV Torneo Internacional Feminino de Ourense W50, que se disputará do 11 ao 18 de agosto

O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na presentación do IV Torneo Internacional Feminino de Ourense W50, incluído no calendario ITF Women´World Tennis Tour, que se disputará do 11 ao 18 de agosto.

Na competición daranse cita deportistas de máis de 22 países, entre as que cabe destacar a Valentina Ryser de Suíza, Amandine Hesse de Francia e Ankita Raina da India. Tamén estará a recente campioa galega Celia Cerviño Ruiz, que tamén participou esta mañá no acto de presentación deste torneo.