O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no Castelo de A Peroxa, na presentación do Campionato de España e Europa de Hard Enduro que se disputará os días 19, 20 e 21 de abril na Peroxa.
No acto tamén participou o alcalde e o concelleiro de Deportes da Peroxa, Manuel Seoane e José Manuel Rodríguez; o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o presidente de Motoclub A Peroxa, José Manuel Quintas.