A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participou hoxe na presentación desta proba, agradecendo a escolla da provincia para levar a cabo esta proba galega, salientando a importancia de visibilizar esta iniciativa inclusiva.
O Salón de Plenos do Concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación das XII Marchas Ciclistas Unificadas Special Olympics Galicia, que terán lugar este sábado da Vila do Arenteiro.
Na rolda de prensa participou a deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, quen puxo en valor e agradeceu a escolla, por parte de Special Olympics Galicia, da provincia e do Carballiño en particular para a celebración desta proba a nivel galego. Tamén lembrou a deputada o apoio constante da Deputación a esta e outras iniciativas inclusivas que pon en marcha Special Olympics Galicia, salientando a importancia de visibilizar ese tipo de probas e reiterando a cooperación provincial en todas estas accións.