O deputado provincial Jorge Pumar, participou hoxe na presentación do XII Torneo de Fútbol Manolo Carrera, no salón de plenos do Concello de Ourense. O evento deportivo, co que colabora a Deputación, está organizado polo C.D. Velle para os días 21, 28 e 29 de setembro no campo de fútbol Monte da Aira de Velle.
O torneo disputarase en dúas fases: a previa será o sábado, 21 de setembro con 28 equipos divididos en 16 equipos de idade alevín e 12 de idade benxamín. Os dous finalistas de cada categoría clasificaranse para a fase final que será o día 28 de setembro para os da categoría de benxamíns e o día 29 de setembro para os alevíns.