A Deputación colabora co III Internacional de Tenis Feminino que se desenvolverá do 13 ao 20 de agosto en Ourense

O vicepresidente segundo e deputado delegado de Deportes, César Fernández participou na presentación do evento deportivo ITF W25 Cidade de Ourense, organizado pola Federación Galega de Tenis.

Este torneo forma parte do circuito ITF Women’s World Tennis Tour e distribúe 25.000 dólares en premios. Dez das tenistas que pasaron por Ourense nas dúas anteriores edicións xogaron o mes pasado en Wimbledon: Jéssica Bouzas, Arantxa Rus, Jaimee Fourlis, Olivia Gadecki, Laura Pigossi, Alicia Barnett, Kristina Dmitruk, Marina Bassols, Anna Brogan e Julia Riera. Nesta edición, o torneo contará con xogadoras do calibre de Liv Hovde, campioa de Wimbledon Junior 2022; Georgina García, que representou a España na Billie Jean King Cup; ou as números 1 de Portugal, Bosnia, Israel e Suráfrica.

Na presentación desta mañá, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense, participaron, ademáis do vicepresidente segundo e deputado delegado de Deportes, César Fernández; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera; o director do torneo, Pablo Mosquera; e Celia Cerviño Ruiz, pentacampiona absoluta de Tenis e participante no torneo, e Karola Bejenaru, tamén participante na competición.