O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou na presentación deste evento deportivo que reunirá este domingo a ciclistas nunha proba de resistencia xa consolidada no panorama galego.
O municipio da Merca prepárase para acoller a 13ª edición da proba ciclista “Parroira-Bike”, que terá lugar o este domingo e na que a organización ten deseñado un percorrido técnico de resistencia por camiños da Merca e lugares singulares deste municipio. A presentación tivo lugar hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, acto no que participou o vicepresidente segundo e deputado de Deportes César Fernández; o concelleiro de Deportes da Merca, José Manuel Taín; o responsable da organización, Alberto Taín; e o xefe territorial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez.
A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva “que aglutina deporte e natureza e que supón unha gran oportunidade para dar a coñecer o noso patrimonio natural e contribuír á dinamización dos nosos territorios a nivel paisaxístico, deportivo e natural”, sinalou César Fernández, quen destacou o interese que suscita esta proba.