A Deputación, co Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior

Ourense acollerá esta fin de semana en Ourense aos máis destacados valores da natación na comunidade, coa disputa do Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior – Xunta de Galicia, que se disputará na Piscina Rosario Dueñas. O director da Área de Deportes, Marcos Vázquez, participou esta mañá na presentación do torneo, que reunirá a 343 deportistas 189 na categoría masculina e 154 na feminina, pertencentes a 30 equipos diferentes.

O campionato está organizado por Club Natación Pabellón Ourense e a Federación Galega de Natación, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o Inorde.

Comezará o venres, 5 e continuará o sábado, 6 e o domingo, 7. Nas sesións de mañá disputaranse o Campionato Galego Júnior e as eliminatorias do Campionato Galego Absoluto, e nas sesións de tarde desenvolveranse as finais do Campionato Galego Absoluto.